Nestes días nos que se fala tanto da memoria histórica (nótese o redundante da expresión, a memoria sempre fai referencia á historia, sexa esta máis ou menos inmediata) e do Alzheimer (caracterizado pola perda da memoria), nós, para non ser menos, imos falar tamén de memoria, pero de memoria USB (tamén chamada lapis, peite, chaveiro, chisme, cousiño, chintófano…) Hoxe a nosa pequerrecha (a piques de cumprir cinco aniños coma cinco soles) entrou coma un trebón no estudio e levou por diante o que atopou, e un dos trebellos que atopou foi o chisme ese que se enchufa no ordenador e no que gardas tanta información, da que non sempre tes copia. O chintófano estaba enchufado e arrincouno de raíz, deixando os anacos ciscados polo chan. Podedes imaxinar a cara que se nos quedou e a que lle quedou a ela, que, coitada, non acadaba a entender o porqué do noso desgusto. Pero ante un “foi sen querer, papá” ¿que podes facer?
6 Responses to “ÁS VOLTAS COA MEMORIA”Leave a Reply |
Entries (RSS)
outubro 22nd, 2007 at 5:27 pm
Pois si, esas cousas pasan, e que lle vas facer… Xa o Leo con un aniño que ten anda a romper todo, pero él faino querendo, gustalle arrasar con todo o que atopa no seu camiño, qué che parece?
outubro 22nd, 2007 at 11:06 pm
Son desastres caseiros que doen pero que o tempo cura.
Ánimo e a facer copias de todo.
outubro 25th, 2007 at 11:50 am
E agachar o importante das mans pecadentas.
outubro 26th, 2007 at 12:13 am
Non podes facer nada. Esas palabras vencen a calquera.
outubro 26th, 2007 at 4:52 pm
Son cousas que pasan e se foi sen querer papa
novembro 8th, 2007 at 2:52 am
home nada, ela vale mais que mil trebellos deses.