22 Outubro 2007

ÁS VOLTAS COA MEMORIA

Arquivado en: vivencias — paidovento @ 10:36 am

 usb.JPG

Nestes días nos que se fala tanto da memoria histórica (nótese o redundante da expresión, a memoria sempre fai referencia á historia, sexa esta máis ou menos inmediata) e do Alzheimer (caracterizado pola perda da memoria), nós, para non ser menos, imos falar tamén de memoria, pero de memoria USB (tamén chamada lapis, peite, chaveiro, chisme, cousiño, chintófano…) Hoxe a nosa pequerrecha (a piques de cumprir cinco aniños coma cinco soles) entrou coma un trebón no estudio e levou por diante o que atopou, e un dos trebellos que atopou foi o chisme ese que se enchufa no ordenador e no que gardas tanta información, da que non sempre tes copia. O chintófano estaba enchufado e arrincouno de raíz, deixando os anacos ciscados polo chan. Podedes imaxinar a cara que se nos quedou e a que lle quedou a ela, que, coitada, non acadaba a entender o porqué do noso desgusto. Pero ante un “foi sen querer, papá” ¿que podes facer?

6 Comentarios »

  1. Pois si, esas cousas pasan, e que lle vas facer… Xa o Leo con un aniño que ten anda a romper todo, pero él faino querendo, gustalle arrasar con todo o que atopa no seu camiño, qué che parece?

    Comentario por Ana — 22 Outubro 2007 @ 5:27 pm

  2. Son desastres caseiros que doen pero que o tempo cura.
    Ánimo e a facer copias de todo.

    Comentario por paideleo — 22 Outubro 2007 @ 11:06 pm

  3. E agachar o importante das mans pecadentas. ;)

    Comentario por peke — 25 Outubro 2007 @ 11:50 am

  4. Non podes facer nada. Esas palabras vencen a calquera.

    Comentario por O Raposo — 26 Outubro 2007 @ 12:13 am

  5. Son cousas que pasan e se foi sen querer papa

    Comentario por Fada Branca — 26 Outubro 2007 @ 4:52 pm

  6. home nada, ela vale mais que mil trebellos deses.

    Comentario por torredebabel — 8 Novembro 2007 @ 2:52 am

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image