cochesubs.JPGOnte, véspera do día nacional para os seareiros de Rajoy I, déronnos por fin no taller o que eles chaman un vehículo de cortesía ou de substitución. Nós chamarémoslle “coche de consolación”, porque o arrecendo a novo que despide o habitáculo e o entusiasmo co que os rapaces o acollen, axuda a cangar máis animosamente a mágoa de deixar o ”buga” propio coas tripas ao aire. E matinando nisto da substitución, nun día coma o de hoxe, cheo de contaminación informativa, de bandeiras españolas e de falabaratos televisivos, ocorréusenos pensar o beneficioso que sería contar con políticos de cortesía, de substitución ou, por que non, de consolación. Aínda que moito nos tememos que o substituto podería tranquilamente igualar as babecadas do titular.

4 Responses to “CONSOLACIÓN”

  1. Fada Branca says:

    Igual que un coche de cortesi os poloticos de primeira liña como os de sustitucion non sei eu que resultado darían

  2. paideleo says:

    Vaiche boa !. Se os políticos titulares son os que hai como esperas que sexan os suplentes ?.
    Haberá que deixalos brincar e nós a comer pulpo.

  3. O Raposo says:

    Témome que cos políticos (titulares e suplentes) non che hai moito que facer.

  4. elfiña dos soños says:

    ¡Ola! pois dame a min que tanto politiqueo, eche todo o mesmo, tanto suplentes coma os principais dirixentes, haiche moito conto.

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word