13 Outubro 2007

CONSOLACIÓN

Arquivado en: motor, vivencias — paidovento @ 4:03 am

cochesubs.JPGOnte, véspera do día nacional para os seareiros de Rajoy I, déronnos por fin no taller o que eles chaman un vehículo de cortesía ou de substitución. Nós chamarémoslle “coche de consolación”, porque o arrecendo a novo que despide o habitáculo e o entusiasmo co que os rapaces o acollen, axuda a cangar máis animosamente a mágoa de deixar o ”buga” propio coas tripas ao aire. E matinando nisto da substitución, nun día coma o de hoxe, cheo de contaminación informativa, de bandeiras españolas e de falabaratos televisivos, ocorréusenos pensar o beneficioso que sería contar con políticos de cortesía, de substitución ou, por que non, de consolación. Aínda que moito nos tememos que o substituto podería tranquilamente igualar as babecadas do titular.

4 Comentarios »

  1. Igual que un coche de cortesi os poloticos de primeira liña como os de sustitucion non sei eu que resultado darían

    Comentario por Fada Branca — 14 Outubro 2007 @ 2:51 pm

  2. Vaiche boa !. Se os políticos titulares son os que hai como esperas que sexan os suplentes ?.
    Haberá que deixalos brincar e nós a comer pulpo.

    Comentario por paideleo — 14 Outubro 2007 @ 10:41 pm

  3. Témome que cos políticos (titulares e suplentes) non che hai moito que facer.

    Comentario por O Raposo — 16 Outubro 2007 @ 1:51 am

  4. ¡Ola! pois dame a min que tanto politiqueo, eche todo o mesmo, tanto suplentes coma os principais dirixentes, haiche moito conto.

    Comentario por elfiña dos soños — 16 Outubro 2007 @ 10:24 pm

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image