Onte, véspera do día nacional para os seareiros de Rajoy I, déronnos por fin no taller o que eles chaman un vehículo de cortesía ou de substitución. Nós chamarémoslle “coche de consolación”, porque o arrecendo a novo que despide o habitáculo e o entusiasmo co que os rapaces o acollen, axuda a cangar máis animosamente a mágoa de deixar o ”buga” propio coas tripas ao aire. E matinando nisto da substitución, nun día coma o de hoxe, cheo de contaminación informativa, de bandeiras españolas e de falabaratos televisivos, ocorréusenos pensar o beneficioso que sería contar con políticos de cortesía, de substitución ou, por que non, de consolación. Aínda que moito nos tememos que o substituto podería tranquilamente igualar as babecadas do titular.
13 Outubro 2007