8 Outubro 2007

ROZA INTENSIVA

Arquivado en: vivencias — paidovento @ 12:17 am

A fin de semana foi proveitosa. O sábado, paseamos pola cidade de Ourense durante boa parte do día e, despois de deixarlles os rapaces aos avós, gozamos un anaco da “vidiña” nocturna da zona vella, que de vez en cando tamén cómpre algo. O domingo fomos aos arredores de Allariz para xantar e patear monte en familia, actividade esta moi beneficiosa para diminuír o colesterol, para falar e para refrescar a vista, demasiado acostumada ás veces ao asfalto e ao formigón. Na nosa singradura terrestre por lugares xa coñecidos atopamos novidades coma a da foto. Non vos vaiades pensar que é produto dun exceso de celo das brigadas municipais limpando o monte, non. Trátase, seica, dos labores de mantemento da liña de alta tensión, o que implica basicamente arrasar con todo. E cando dicimos “todo”, é todo: carballos, castiñeiros, amieiros… Boa falta lles faría un repaso deste tipo aos eucaliptos que volven abrollar nos montes queimados o ano pasado.

 monte.JPG

3 Comentarios »

  1. Nós tamén fixeramos unha pateada por esa zona hai uns aniños e unha das fotos daquel día é esta.
    http://leoeosseus.blogspot.com/2006/08/unha-das-cousas-que-mis-me.html

    Comentario por paideleo — 8 Outubro 2007 @ 11:27 pm

  2. Vivín moitos anos en Ourense. Gustábame moito Allariz.

    Comentario por peke — 9 Outubro 2007 @ 11:08 am

  3. Eso, eso, a ver se as brigadas municipais lles da por rozar os eucaliptos.

    Comentario por O Raposo — 12 Outubro 2007 @ 11:49 am

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image