A xornada en Melide non foi como agardabamos. Nada máis chegarmos ao pavillón decatámonos de que o recipiente era moi grande para tan pouco contido. A xente era escasa e, cando voltamos de estirar as pernas pola vila, comprobamos que seguía a escasear. Por riba, o noso cativo, que estaba convaleciente dunha gastroenterite, confirmounos que recaera nas dores de barriga e nas frecuentes visitas ao “roca”. Marchamos, non nos quedaba outra. De camiño paramos a xantar en “Aqualata” (Agolada), agás o doente, que só tomou sopa, e collemos de novo o andante para a casa (que é onde mellor se está, éche ben certo). Xa por terras da Estrada, asaltounos un camión e botounos fóra da estrada (non do concello, pero case). Afortunadamente non nos ocorreu nada, pero o susto chupámolo, sobre todo a muller, que ía durmindo placidamente no asento dianteiro dereito; os nenos, con esa inocencia coa que afrontan a vida, nin se inmutaron.
Acompañamos documento gráfico do altercado. O coche negro da marxe dereita é o noso. O camión, un tráiler formigoneira, non o sacamos porque non nos collía na foto.
Menos mal que todo quedou nun susto.
recibiches o meu email ?.
Comentario por paideleo — 4 Outubro 2007 @ 12:10 am
Digo o mesmo que paideleo. Menos mal que só foi un susto! Pero que mal se pasa. Ánimos.
Comentario por peke — 4 Outubro 2007 @ 11:33 am
carai! vaia susto.
Falando de Agolada, até fai nada eu nada sabía dese pobo, pero o traballo do autor deste blog http://aquamlatam.blogspot.com/ mo fixo próximo e admirado. Tamén para iso valen os blogs…
Comentario por torredebabel — 9 Outubro 2007 @ 1:47 am