Mañá hai unha xuntanza do Voluntariado en defensa do monte galego na vila de Melide. Seica vai haber contacontos, actuacións musicais, etc. antes e despois do xantar, que promete ser lixeiro (empanada, carne ao caldeiro, callos… ao módico prezo de 15 € por barba). Pola noite, para baixar a sobredose proteica do mediodía, haberá concerto de grupos “heavirolos” como Zenzar ou Nao, moi bos por certo. Custounos decidirnos, máis que nada porque facer 150 km pola mañá e outros tantos pola tarde non estaba na lista de prioridades sabatinas, pero a muller e os nenos fixéronse fortes na súa opinión e… Ben, alá iremos.
29 Setembro 2007
A MELIDE HABEMOS IR…
4 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI
Xa contarás que tal vos fuo, pois ten voa pinta
Comentario por Fada Branca — 29 Setembro 2007 @ 4:13 pm
Si que a ten. Saúdos a todos, e Viva o monte galego!
Comentario por Xosé Antón — 30 Setembro 2007 @ 3:14 am
Que o pasedes moi ben. Promete ser unha xornada intensa.
Comentario por peke — 30 Setembro 2007 @ 2:11 pm
e haberá crónica para os que non podemos ir?
Comentario por torredebabel — 1 Outubro 2007 @ 1:53 am