Supoñemos que coñecedes o dito: “Onde hai festa? No cu de tía modesta”. Pois hoxe estivemos explorando o cu de tía Modesta (desta volta metáfora do Porriño ou de Vilaguindastre, alcume acertadísimo da autoría de paideleo). Celébranse as festas do Cristo e non vos son unhas festas calquera. Para empezar, flipade, este ano non hai barracas de feira (nin “cochitos”, nin “caballitos”, nin nada diso); seica non hai onde metelas (alucinante). Pero o que si hai é o que se deu en chamar “animación de rúa”, con desigual resultado, dende os catro noitebros resacosos que convenceron a alguén de que eran unha charanga ata o pseudomagomalabaristapallaso que o fai ben e cae simpático (o da foto), pasando polo grupo de actores que intentan representar a súa obra loitando contra o espontáneo borracho ou contra os decibelios da orquestra a cincuenta metros deles. Así e todo, hai a quen lle gusta este cóctel de varietés; para a nosa sorpresa, cando fuxiamos en retirada cos pequechos da man, o noso cativo deixou caer: “Que ben o pasamos! A que si, papá?”.
4 Responses to “O CU DE TÍA MODESTA”Leave a Reply |
Entries (RSS)
setembro 23rd, 2007 at 2:58 pm
Os infantes perciben o mundo de distinta maneira, quizais porque para eles case todo é novo e aínda teñen moitas cousas sen ver. Ás veces danme unha envexa indescritible. Ai!
setembro 23rd, 2007 at 5:28 pm
¿é que non o pasaches ven papá?
setembro 25th, 2007 at 10:19 pm
Eu non sab
setembro 25th, 2007 at 10:23 pm
Eu non sabía o do cu da tía Modesta e gústame a expresión.
Este ano non chupamos nada das festas: traballo, vendima, o Leo que é pequeno, etc. O que me parece triste é que non haxa trangalladas para os rapaces. Son comecartos pero pásano ben.
Bueno, graciñas por levarnos á festa co teu relato. Eu tamén o pasei ben.