Hai uns días, para acougar as ansias lectoras do noso fillo máis vello (o adxectivo parece un pouco besta para tan só 9 anos), fomos por enésima vez á Biblioteca Municipal do Porriño (todo un exemplo de boa xestión, sen coñas). Alí, mentres buscabamos a terceira parte do Harry “Potas” (non lle vai mal o alcume, xa que “Potter” vén sendo “oleiro”), reparamos en que tiñan tamén a cuarta parte das aventuras deste pequeno mago traducida ao galego, baixo o título: H.P e o cáliz de fogo. Esa mesma noite vimos a peli e, modestamente, o substantivo “fogo” non nos parece o máis axeitado. Cando hai chamas, hai “lume”, e o que sae do cáliz (tamén discutible, no canto de “vaso”) son chamas. Se non lle aplicamos sentidiño a esta sorte de perversións lingüísticas, os fumadores poderiamos chegar a dicir, por exemplo: “Dáme fogo, que me caeu o esqueiro ao solo“ (Bonito, eh?)

De calquera xeito, o rapaz segue enganchado na lectura e o filme tamén lle gustou, sobre todo porque sae un labirinto parecido ao da foto, no que nos perdemos hai pouco tempo. Está no monte de San Pedro, na Coruña, e para botar unhas risas serve ben.

labirinto.JPG

4 Responses to “HARRY OLEIRO, O CÁLIZ DE FOGO E O LABIRINTO DA CORUÑA”

  1. peke says:

    Meu deus! O cáliz de fogo! Que espanto de tradución. Como o resto do libro sexa así, imos apañados.

  2. Fada Branca says:

    Fogo, fogo”??¡¡ Meu deus, e eu crendo que se dicia Lume

  3. elfiña dos soños says:

    uuuu a este paso a saber como chegan a chamar un botafumeiro (botafogosidade?? espero que non) ás veces mellor evitar velas traduccións tanto escritas como visuais, parecen dicir palabras chulamente técnicas e nas palabras sinxelas… sen comentarios
    bss

  4. paideleo says:

    Que o Fillodovento non perda o gusto polos libros e que distinga as boas das malas traducións. Dixit.

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word