19 Setembro 2007

HARRY OLEIRO, O CÁLIZ DE FOGO E O LABIRINTO DA CORUÑA

Arquivado en: Lingua e literatura — paidovento @ 12:38 am

Hai uns días, para acougar as ansias lectoras do noso fillo máis vello (o adxectivo parece un pouco besta para tan só 9 anos), fomos por enésima vez á Biblioteca Municipal do Porriño (todo un exemplo de boa xestión, sen coñas). Alí, mentres buscabamos a terceira parte do Harry “Potas” (non lle vai mal o alcume, xa que “Potter” vén sendo “oleiro”), reparamos en que tiñan tamén a cuarta parte das aventuras deste pequeno mago traducida ao galego, baixo o título: H.P e o cáliz de fogo. Esa mesma noite vimos a peli e, modestamente, o substantivo “fogo” non nos parece o máis axeitado. Cando hai chamas, hai “lume”, e o que sae do cáliz (tamén discutible, no canto de “vaso”) son chamas. Se non lle aplicamos sentidiño a esta sorte de perversións lingüísticas, os fumadores poderiamos chegar a dicir, por exemplo: “Dáme fogo, que me caeu o esqueiro ao solo“ (Bonito, eh?)

De calquera xeito, o rapaz segue enganchado na lectura e o filme tamén lle gustou, sobre todo porque sae un labirinto parecido ao da foto, no que nos perdemos hai pouco tempo. Está no monte de San Pedro, na Coruña, e para botar unhas risas serve ben.

labirinto.JPG

4 Comentarios »

  1. Meu deus! O cáliz de fogo! Que espanto de tradución. Como o resto do libro sexa así, imos apañados.

    Comentario por peke — 19 Setembro 2007 @ 11:16 am

  2. Fogo, fogo”??¡¡ Meu deus, e eu crendo que se dicia Lume

    Comentario por Fada Branca — 19 Setembro 2007 @ 4:15 pm

  3. uuuu a este paso a saber como chegan a chamar un botafumeiro (botafogosidade?? espero que non) ás veces mellor evitar velas traduccións tanto escritas como visuais, parecen dicir palabras chulamente técnicas e nas palabras sinxelas… sen comentarios
    bss

    Comentario por elfiña dos soños — 19 Setembro 2007 @ 8:01 pm

  4. Que o Fillodovento non perda o gusto polos libros e que distinga as boas das malas traducións. Dixit.

    Comentario por paideleo — 20 Setembro 2007 @ 11:45 pm

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image