Cando eramos novos, moi novos, uns gromiños, é dicir, uns adolescentes, os que estabamos sen montura aproveitabamos a mínima para lle pedir a un colega a súa moto (unha Derbi ou unha Puch das pequerrechas, de 50 cc) e pensabamos no afortunados que eran eles o no desgraciadiños que eramos nós. Ao cumprir os dezaoito xa pensabas no coche, que como ben sabedes podía ter múltiples usos, sacabas o carné e ¡ala!, a dar unha volta co coche dos pais. Co paso do tempo algúns chegamos a ter coche propio, a renovalo, a enchelo de familia… Mais sempre queda un pouso, un desexo incumprido que aflora de cando en vez. Un día decídeste e ¡zas!, pillas a primeira moto, con 40 xaneiros ás costas… e pensas, vistas as estatísticas de idade nos accidentes de tráfico en fin de semana, que non foi tan malo agardar tanto, polo menos para a propia saúde e quizais a dalgún terceiro.Matinamos nisto a miúdo e en que non estamos libres de deixar os dentes na defensa dun camión. Toquemos madeira.
Achegamos detalle do noso scooter 125. Pouco máis é ca un vespino, pero divirte.
Se conduces non leas.
Comentario por paideleo — 14 Setembro 2007 @ 11:42 pm
Esta fada ainda é moi pequena para pensar nesas cousas, pero bueno ti que tes sorte Disfrútaaaaaaaaaa que eu aunda teño que acomodar o meu berce novo
Comentario por Fada Brabca — 16 Setembro 2007 @ 4:09 pm
FADA branbca¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ ves coma ainda non se nin falar
Comentario por Fada Branca — 16 Setembro 2007 @ 4:12 pm
Eu sempre quixen ter unha moto. A vez que me chegou a vespino (de agasallo por mercar un par de sofás) non funcionaba ben. O meu home fíxome desistir de intentar arranxala porque viviamos nun sitio con moito tránsito e eu son xorda (non por completo, pero case). Hoxe vexo pasar as motos cun aquel de envexa, pero non me arrepinto. Teño o meu cochiño e conduzo máis segura. Que gocedes dela!.
Comentario por peke — 17 Setembro 2007 @ 8:10 pm
A moto sempre levou consigo unha aura de liberdade e independencia moi superior o coche, por eso nos chama mais. Que a disfrutes
Comentario por O Raposo — 19 Setembro 2007 @ 12:14 am