11 Setembro 2007

EFECTO ASTRONAUTA

Arquivado en: Sen clasificar — paidovento @ 1:00 am

Por fin estamos decididos a operarnos deste mal fado que nos caeu nos ollos, a miopía. E hoxe, para irmos á primeira consulta do oculista (xa lle advertimos á nosa filla que non é o médico do cu), tivemos que pór lentes, pero non de contacto, que son as que usamos durante un bo mangado de anos, senón das outras, as “ghafas” de toda a vida. O resultado, como saberedes aqueles que vedes ben sen intermediarios e un día se vos ocorre encaixar nas orellas os “cu de vaso” da tía Ermelinda, é espectacular. É como coller un colocón sen beber nin pinga, como aboiar no espazo alleo á gafas.jpgrealidade que te rodea. E para definir esta sensación tan estraña acudimos ao título dun contiño de Suso de Toro, recollido en O relato breve: escolma dunha década (1980-1990), publicado en Galaxia, chamado “Efecto astronauta”. Parécevos tan axeitada a expresión coma a nós?

3 Comentarios »

  1. Mui bo o do oculista, lémbrame á xente que pensaba que unha perruquería era unha peluquería para cans.
    Pois que vos vaia ben co efecto astronauta e sorte cos olliños que non hai coma eles.

    Comentario por paideleo — 11 Setembro 2007 @ 11:24 pm

  2. se ven de Suso de Toro paréceme ben porque de momento non din con nada que fora escrito por el e que non me parecera sinxelamente fabuloso! Eu sonche dos que imos pola vida sen intermediarios, como dis, de feito que so podo quedar coa fermosura da frase tan simpática. Apertas!

    Comentario por torredebabel — 12 Setembro 2007 @ 1:05 am

  3. Pois a min lembroume a certo médico moi famoso en Galicia que é de Santiago e chamábanlle o oculista porque precisamente operaba as almorrás.
    Xa diredes que tal a operación e de paso informádevos de se se pode operar o astigmatismo. Que saia todo ben!

    Comentario por peke — 12 Setembro 2007 @ 6:01 pm

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image