Por fin estamos decididos a operarnos deste mal fado que nos caeu nos ollos, a miopía. E hoxe, para irmos á primeira consulta do oculista (xa lle advertimos á nosa filla que non é o médico do cu), tivemos que pór lentes, pero non de contacto, que son as que usamos durante un bo mangado de anos, senón das outras, as “ghafas” de toda a vida. O resultado, como saberedes aqueles que vedes ben sen intermediarios e un día se vos ocorre encaixar nas orellas os “cu de vaso” da tía Ermelinda, é espectacular. É como coller un colocón sen beber nin pinga, como aboiar no espazo alleo á
realidade que te rodea. E para definir esta sensación tan estraña acudimos ao título dun contiño de Suso de Toro, recollido en O relato breve: escolma dunha década (1980-1990), publicado en Galaxia, chamado “Efecto astronauta”. Parécevos tan axeitada a expresión coma a nós?
11 Setembro 2007