Nesta tarefa que nos propuxemos de levarlle a contraria a todo o mundo, hoxe decidimos non ir á praia. Para refrescar a nosa vista e dar de comer á nosa memoria, puxemos rumbo ao castelo de Soutomaior. Ben, tamén fomos para divertir un pouco aos cativos, que na casa non hai quen os ature. Baixo un sol, máis que de xustiza, de vinganza, gozamos da arquitectura dese símbolo do poder feudal e dos seus xardíns de árbores centenarias. Vaia chaleciño e vaia leira tiña o tal Pedro Madruga, non nos estraña que andase a fogonazos cos Irmandiños (postos a comparar vivendas non habería color).
Sinais coma este chamáronnos a atención por dous motivos: por ser de doada interpretación (cae de caixón) e por non ser fieis á realidade circundante (non sería mellor que aparecese unha motoserra?)
A min dixéronme que o apelido de Pedro Madruga ten unha curiosa orixe. Resulta que había problemas coas lindes das terras de Pedro Madruga e outro señor doque non sei o nome. Decidiron sair un día a cabalo dende cadanseu castelo e onde se topasen sería o límite das posesións. E o Pedro Madruga madrugou tanto que colleu o seu cabalo e topou o seu rival aínda na cama !!. Por suposto que quedou coas terras do seu rival e o seu castelo.
Comentario por paideleo — 3 Setembro 2007 @ 11:56 pm
hi…
Agree…
Rastro (Trackback) por blog — 23 Outubro 2007 @ 10:53 pm