Nesta tarefa que nos propuxemos de levarlle a contraria a todo o mundo, hoxe decidimos non ir á praia. Para refrescar a nosa vista e dar de comer á nosa memoria, puxemos rumbo ao castelo de Soutomaior. Ben, tamén fomos para divertir un pouco aos cativos, que na casa non hai quen os ature. Baixo un sol, máis que de xustiza, de vinganza, gozamos da arquitectura dese símbolo do poder feudal e dos seus xardíns de árbores centenarias. Vaia chaleciño e vaia leira tiña o tal Pedro Madruga, non nos estraña que andase a fogonazos cos Irmandiños (postos a comparar vivendas non habería color).
Sinais coma este chamáronnos a atención por dous motivos: por ser de doada interpretación (cae de caixón) e por non ser fieis á realidade circundante (non sería mellor que aparecese unha motoserra?)