2 Setembro 2007

A VOLTA CICLISTA POLO PORRIÑO

Arquivado en: Sen clasificar — paidovento @ 1:20 am

O acontecemento do día vén marcado polo paso da Volta ciclista a España por terras galegas. Esta vez a vila do Louro tamén foi testemuña do seu fulgurante paso: unha chea de señores en bici a pasar coma motos, outra chea de motos a pasar coma idem e moitos coches dos equipos cerrando a procesión. 30 segundos e, ala, de volta cos nenos para a casa. E é que, coma o fútbol, o ciclismo vese moito mellor pola tele. Tal poder ten a caixa boba, que fai que todo pareza bonito. Coas súas vistas aéreas non hai galpóns, non hai engadidos cerámicos nas casas de pedra, non hai patrimonio destruído, non hai agresións ao medio ambiente… Se non te fixas, ata os eucaliptos parecen carballos.

 volta.JPG

2 Comentarios »

  1. “Ata os eucaliptos parecen carballos”. Que Deus che conserve a vista, oh!
    Apertas.

    Comentario por O Raposo — 2 Setembro 2007 @ 6:51 pm

  2. Fun ese día á praia e polo alto de San Cosme estaba cheo de pintadas que habían de verse ben dende o gholicóptero.

    Comentario por paideleo — 3 Setembro 2007 @ 12:45 am

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image