Ninguén vai descubrir aquí as calidades literarias do laureado Suso de Toro (premio nacional de literatura, entre outros galardóns), un dos escasísimos escritores profesionais en galego. Porén, o seu compromiso político non é tan coñecido (aínda que o que máis e o que menos sabe que escora cara ao PSOE). Pois ben, hoxe comezamos a ler unha novela súa encadrada na chamada literatura xuvenil (a que dá mmorgun.jpgáis pasta, se é que algunha a dá). A peza chámase Morgún e configúrase como un relato fantástico de aventuras, na liña do “Señor dos aneis”, sen máis pretensións. Está publicado en Xerais e a súa 1ª edición data, fixádevos ben, de outubro de 2003. O motivo polo que falamos desta obra aparece xa antes da obra en si, e é nin máis nin menos que a súa dedicatoria (lembrádevos do Prestige, das manifas e dun señor de bigote):

A toda esa xente que “ladra o seu rancor polas esquinas”

Na nosa escala particular, un punto máis para o Suso.

2 Responses to “O COMPROMISO DO ESCRITOR”

  1. paideleo says:

    Recoméndoche un artigo sobre Suso de Toro.
    http://fiosinvisibles.blogspot.com/2007/06/suso-de-toro-en-bos-aires.html

  2. peke says:

    Non me entusiasma este autor. Chócame que digas que non se coñece tanto o seu compromiso político, pois nunca o ocultou. Era das filas de Camilo Nogueira e amigo seu.

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word