31 Agosto 2007

O COMPROMISO DO ESCRITOR

Arquivado en: Sen clasificar — paidovento @ 12:52 am

Ninguén vai descubrir aquí as calidades literarias do laureado Suso de Toro (premio nacional de literatura, entre outros galardóns), un dos escasísimos escritores profesionais en galego. Porén, o seu compromiso político non é tan coñecido (aínda que o que máis e o que menos sabe que escora cara ao PSOE). Pois ben, hoxe comezamos a ler unha novela súa encadrada na chamada literatura xuvenil (a que dá mmorgun.jpgáis pasta, se é que algunha a dá). A peza chámase Morgún e configúrase como un relato fantástico de aventuras, na liña do “Señor dos aneis”, sen máis pretensións. Está publicado en Xerais e a súa 1ª edición data, fixádevos ben, de outubro de 2003. O motivo polo que falamos desta obra aparece xa antes da obra en si, e é nin máis nin menos que a súa dedicatoria (lembrádevos do Prestige, das manifas e dun señor de bigote):

A toda esa xente que “ladra o seu rancor polas esquinas”

Na nosa escala particular, un punto máis para o Suso.