Unha das novas do día é a intención dos de ”tan gallego como el gallego” de presentar un recurso contencioso-administrativo perante o TSXG contra a entrada en vigor do novo decreto que regula o uso do galego no ensino. Pobriños, serán xente acovardada (coma as galiñas), ignorante das súas orixes (coma as galiñas), plenamente conformistas (coma as galiñas), estarán sempre no medio (coma as galiñas), etc. Por todo isto, e porque no seu día non nos publicaron un comentario na súa páxina, propoñemos que lle cambien o nome polo de “tangallinacomolagallina.es” e agardamos que as súas iniciativas teñan a mesma transcendencia que a vida deste escandaloso animal doméstico.
Acompañamos foto da Galiña de Mos, raza autóctona, malia que lles pese.

Entries (RSS)
agosto 30th, 2007 at 1:31 am
Non sei se coñeces tangallegocomoelgazpacho, unha parodia da xente do tangallegocomoelgallego. Aínda botas unhas risas.
http://tangallegocomoelgazpacho.blogspot.com/2007/06/al-menos-hazlo-por-ellos.html