Estamos a piques de rematar agosto, o mes vocacionalmente vacacional, e xa temos certa inquedanza no corpo por aquilo de que hai que voltar ao traballo… Isto debe ser, pensamos, o que denominan a síndrome posvacacional. Pois ben, matinando no asunto, lembramos a tertulia que mantivemos uns cantos voluntarios que fomos patear o monte hoxe pola mañá. Entre outros moitos temas (as mañás no monte dan para moito) falamos dos mozos e mozas que están á espreita de poderen acadar o seu primeiro emprego e do desasosego que senten conforme pasan os meses e, en moitos casos, os anos. Iso si que realmente merece un tratamento estatístico, sociolóxico, mediático… e non o trabalinguas ese da síndrome posvacacional que, xa veredes, non ha tardar en encher ocos nos telexornais.

Se algún lector ou lectora cre estar afectado polo que podemos chamar a “síndrome do desemprego”, transmitímoslles dende a nosa experiencia a esperanza de que logo atoparán a luz ao final do túnel ou, como na foto, o claro despois das nubes… Xa sabedes: “Nunca choveu que non escampara”.

nubeiros.JPG

3 Responses to “A SÍNDROME DO DESEMPREGO”

  1. susolista says:

    Chego aquí polo Paideleo, e non te preocupes que as de ter opinións pra todolos gustos. Espero que o que colla o primeiro emprego, non salga del mais desilusionado que cando entrou. Saludos

  2. paideleo says:

    Ti xa sabes un pouco da miña vida laboral e os saltos de choio que tiven e podo dicirche que é máis duro estar no desemprego que esperando para traballar.
    Que pasedes un bo final de vacacións e a desfrutalas.

  3. paideleo says:

    Refiríame a esperar para traballar despois das vacacións.

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word