26 Agosto 2007

A SÍNDROME DO DESEMPREGO

Arquivado en: Sen clasificar — paidovento @ 2:22 am

Estamos a piques de rematar agosto, o mes vocacionalmente vacacional, e xa temos certa inquedanza no corpo por aquilo de que hai que voltar ao traballo… Isto debe ser, pensamos, o que denominan a síndrome posvacacional. Pois ben, matinando no asunto, lembramos a tertulia que mantivemos uns cantos voluntarios que fomos patear o monte hoxe pola mañá. Entre outros moitos temas (as mañás no monte dan para moito) falamos dos mozos e mozas que están á espreita de poderen acadar o seu primeiro emprego e do desasosego que senten conforme pasan os meses e, en moitos casos, os anos. Iso si que realmente merece un tratamento estatístico, sociolóxico, mediático… e non o trabalinguas ese da síndrome posvacacional que, xa veredes, non ha tardar en encher ocos nos telexornais.

Se algún lector ou lectora cre estar afectado polo que podemos chamar a “síndrome do desemprego”, transmitímoslles dende a nosa experiencia a esperanza de que logo atoparán a luz ao final do túnel ou, como na foto, o claro despois das nubes… Xa sabedes: “Nunca choveu que non escampara”.

nubeiros.JPG

3 Comentarios »

  1. Chego aquí polo Paideleo, e non te preocupes que as de ter opinións pra todolos gustos. Espero que o que colla o primeiro emprego, non salga del mais desilusionado que cando entrou. Saludos

    Comentario por susolista — 27 Agosto 2007 @ 11:17 pm

  2. Ti xa sabes un pouco da miña vida laboral e os saltos de choio que tiven e podo dicirche que é máis duro estar no desemprego que esperando para traballar.
    Que pasedes un bo final de vacacións e a desfrutalas.

    Comentario por paideleo — 28 Agosto 2007 @ 1:07 am

  3. Refiríame a esperar para traballar despois das vacacións.

    Comentario por paideleo — 28 Agosto 2007 @ 1:08 am

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. | TrackBack URI

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image